miércoles, 24 de abril de 2013

Asemblea es lof II

Últimamente é difícil facer que me sente a escribir aquí, pero hoxe a nosa casa compostelana, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais volve ter ese aspecto electoral que tanto me gusta e á vez tanto me disgusta. Ule a eleccións. 

É moi interesante observar os movementos das asociacións estudantís estes meses, pode resultar gracioso incluso dende algunha perspectiva. Pero o certo é que cando entras na dinámica cunha certa vinculación como puido ser a miña noutros anos pode chegar a ser excesivamente intenso e repulsivo, todo depende a que xogo queiras xogar. Pode que soe repetitivo e incluso contradictorio se observamos a miña vinvulación á Asemblea de Estudantes este último ano, pero agora que me teño un pé fóra podo velo máis claro que nunca. Somos fortes polo que somos. Somos fortes porque somos quen de organizarnos fronte determinados obstáculos, somos fortes porque nos ensinaron a ser fortes dende o principio, somos fortes porque ao longo de todo este tempo fixemos grandes cousas, e mediante pequenos grans de area contribuímos a que nun momento moi sensible a Facultade de Ciencias Políticas estivese viva. 

Demostramos que só é preciso ter motivación e iniciativa; Palestina, asemblearismo, políticas de xuventude, ciclos de cine, ciclos de series, debates políticos, xénero, lingua, Primavera Árabe, voluntariado, espectaculares e multitudinarios pre-fins de ano e xeniais magostos e paparotas. Burocracia, permisos, reclamacións, proxectos, búsqueda de financiación, folgas, manifestacións. Percorremolo todo.

Non poño en dúbida os malos momentos, a frustración, a indecisión e o continuo debate. Mais a pesar de todo seguimos aquí, e o máis importante é que seguimos aquí aprendendo e desfrutando do aprendido. Que o fin, iso é o que nos quedará. E teño moi claro que iso é o que viñamos buscando, porque si, algúns terán uns intereses, e outros outros, pero sempre nos respectamos na diferencia, e iso probablemente é o que nos faga grandes e fortes.


A verdade é que cando comecei a escribir isto expresar outras cousas, como a frustraiión e a indignación que me causan certos persoaxes que só por intereses políticos se amparan en grandes palabras baleiras, que quedan en só iso, palabras. Que logo se reflexan en actos despreciables que nalgúns caso rozan a inmoralidade. Despois de tantos positivos recordos non quero facer máis mención que a feita porque non vale a pena. Porque a coherencia é algo que se demostra co tempo, e os intereses vense ao lonxe ocultos baixo un letreiro, un nome ou un lema máis ou menos pegadizo ("Hai pinchos!!"). No noso caso, asemblea tras asemblea, manifestación tras manifestación, claustros, programas electorais, propostas cumplidas e sempre tras a asistencia ás reunións dos órganos de goberno demostramos quen somos de verdade, e o que buscamos de verdade. E que o que dicimos cando nos presentamos, que soa moi ben dicir que defendes os intereses do estudantado, non é máis que a realidade.


Esta non é unha reflexión que vaia pedir o voto, se é o que esperades, isto é o que penso. E en catro anos na facultade nunca pedín o voto a ninguén, nin presentándome eu mesma, así que tampouco vou a facelo agora. Non creo que sexa necesario. Simplemente quería reflexar dunha maneira coherente as mil e unha cousas que se me pasan pola cabeza cando volvo a intentar traballar nunhas eleccións coma estas neste momento. Unha vez máis compañeiros e compañeiras, gracias por demostrarme que cando queremos podemos.

:)




No hay comentarios:

Publicar un comentario