viernes, 20 de mayo de 2011

Democracia real XA!

Deberíamos ser conscientes que mentres eu e tí, coma min, estamos no sofá. Mentres outros estudan, outros pasean, outros van o cine. Hai xente na rúa loitando por unha democracia máis democracia. Unha democracia real. Un sistema no que un bipartidismo non supoña a representación total dun país. 



Son moitos os indignados, somos moitos os que estamos fartos, e somos moitos os que apoiamos este movemento. Persoas de dereitas e de esquerdas, a título individual e sen partidos de por medio reúnense estes días nas prazas e rúas das cidades para debatir e tratar o feito desta democracia non representativa, e a repercusión na vida dos cidadáns. 

A situación en Compostela é canto menos interesante. As asembleas son abertas e hai comisións en marcha traballando pola supervivencia da acampada da Praza do Obradoiro. Se queres apoiar, participar, colaborar, ou mesmo compartir o teu caso ou opinión vai ó Obradoiro.

Como ahí hai acampadas en Pontevedra, Ferrol, Vigo, Ourense, ... Deixo aquí a dirección da cámara web por se queredes ver a situación en directo:


E a cámara web da acampada en Sol (Madrid)


Así é como estaba a Praza do Obradoiro o mércores na Asemblea das 20.00


Co paso dos días a xente vaise uníndo e o número de persoas que quedan a pasar a noite no Obradoiro é maior. Esta noite e mañá deberemos estar todos alí reflexionando.

Toda a información en:

e Twitter: @acampadaSCQ


Participa, por unha democracia real. Porque todos debemos ser representados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario