viernes, 20 de mayo de 2011

Eleccións á vista. 22M


Eu xa fixen o meu traballo, xa me estudei todo. Agora só queda votar. Se non estás decidido aínda invítote a que por encima dos coñecidos primen os capacitados. Vota as persoas que saibas que van a traballar por ti, que van traballar polo teu. Polas persoas que creas mellor capacitadas, e que poidan facer que Rianxo deixe de ser un pobo de segunda, un pobo berce de ilustres galegos do que ahora fuxe a xuventude porque non hai traballo. Un pobo do que todos saimos buscando ocio, un pobo do que saimos para mercar, un pobo capacitado pero desaprobeitado, un pobo no que hai ilusión e persoas capaces.

O 22 de Maio invítote a que non penses en cores, non penses en partidos. PENSA EN RIANXO. Decide quen é o máis capaz e vota por el sen caer en ideoloxías que disfracen persoas.

Pensa nas persoas porque somos nós as que imos a vivir no pobo e as que temos o deber de sacalo de onde está sumido. 

Porque a política é cousa das persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario