viernes, 20 de mayo de 2011

Eleccións á vista. Vanessa Martínez

Vanessa Martínez Durán é a candidata a alcaldía de Rianxo polo Partido Popular.

Fai uns días publicouse no blog Fotos de Rianxo esta entrevista á candidata. Unha entrevista clara e  feita cos pés no chan, ademais de falar dos obxectivos que prantexa a nova lexislatura (PXOM e saneamento de contas son os pilares fundamentais), trata a visión que ten a candidata fronte a estos interesantes comicios en Rianxo.


En canto ó programa baséase nos obxectivos anteriores, na creación de emprego, na dinamización (tan necesaria) do polígono, no saneamento das parroquias, e coida tamén ás iniciativas de ocio e formación xuvenil. É evidente a simple vista que ademais conta co apoio íntegro do partido para esta próxima lexislatura. 


O Partido Popular é unha das opcións en Rianxo ademais do BNG, unha opción renovada e que parece ter ganas e ilusión de poñer a andar Rianxo, de nós depende que o fagan ou non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario