sábado, 14 de mayo de 2011

Eleccións á vista. Carlos Gey

Esta semana semana, mediante a entrevista que realizou a candidata á alcaldía do Partido Popular en Rianxo, entereime de que o PSOE de Rianxo ten unha páxina web. Que sorpresa!


Nel atopei xoias como este vídeo:



Agora, irei por partes, aínda que sexan dous minutos parece que deron para moito.

Carlos Gey gábase de que co actual goberno se conseguiron traer 55 millóns de euros a Rianxo, demasiado para un pobo tan pequeno que aínda con esas ten 6 millóns de euros en débeda, vaia.
Con iso fixéronse grandes proxectos en infraestruturas. O auditorio, o Museo do Mar, a Casa-Museo de Manuel Antonio, a Gardería, o Centro de Saúde, ...

  • O auditorio, era unha prioridade para o concello. Ata entón non había un sitio decente para facer actividades culturais. Respondendo a esa necesidade está tendo moito éxito. Sen embargo eu penso que se lle podería dar moita máis utilidade da que se lle da.
  • A Galiña Azul; esta non sei ata que punto intervén nos presupostos porque o seu financiamento é compartido co Consorcio Galego. Agora si, como a Xunta cumpra a súa promesa de que a financiación pase por completo ós concellos, quero ver canto dura a gardería.
  • O Museo do Mar, isto ó igual que o Centro de Saúde teño as miñas dúbidas se pertencen a esta ou á pasada lexislatura.
  • A Casa-Museo de Manuel Antonio. Isto si que é unha sorpresa, agora só queda agardar a de Castelao e a de Rafael Dieste. É curioso que abrise ó público dous meses antes das eleccións municipais. 

En saneamento invertíronse máis de 20 millóns de euros. Quen llo diría á estrada de Leiro. Porque canto máis miro esa parroquia máis abandonada a vexo.

Remata prometendo a aprobación dun PXOM que leva 20 anos nas súas mans. Que présa teñen ahora despois de 20 anos para aprobalo? Do polígono industrial xa prefiro nin comentar, porque só me parece un reflexo dunha situación penosa.


Máis do mesmo. Agora esperarei mañá a ver toda a propaganda electoral que chegou á miña casa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario