martes, 10 de mayo de 2011

Eleccións á vista. Carlos Gey

Carlos Gey é o candidato a alcalde polo PSdG-PSOE en Rianxo. Del quixera falar pero non podo facelo porque o descoñezo totalmente. Só o coñezo "de vista", de cruzarme con el pola rúa.
Como a súa persoa descoñezo tamén cando onde e como foi o acto de presentación de candidatura, ou onde como e con quen están sendo os mitíns.
Unha cousa si sei, estivo en Rianxo o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e eu entereime polo xornal. É unha pena, aínda que só fose por velo estaría ben ir a un mitín.
O peor non é que eu non me entere de que hai mitíns porque esté en Compostela, o peor é que a xente de Rianxo tampouco se entera. Pero de non enterarse sabe ben Carlos Gey, actual asesor de Pedro Piñeiro, que se sorprendeu ó saber que o Clube de Voleibol de Rianxo ten máis dun cento de membros, ou ó coñecer o funcionamento da área de xuventude do concello fai un par de meses. Só un par de meses, mentres todos os veciños van a ver os partidos de Voleibol e a xente tivo e ten a oportunidade de coñecer o auditorio dende a súa posta en marcha (fai 2 ou 3 anos). Paréceme canto menos incrible que o asesor do alcalde non saiba estas cousas tan básicas do concello. Tampouco saberá supoño, porque o Clube de Remo Rianxo non percibe ningún tipo de subvención ou axuda sendo dende fai unha semana pouco máis o Campión de España. Carlos Gey debía estar ocupado o pasado 1 de Maio, que cando chegaron os membros do Clube de conseguila copa non hubo rata do concello que fose a felicitalos ou a recibilos.
Logo claro, logo chamamos á participación cidadá nas eleccións, para que? Para mover o voto que non se moveu os últimos 20 anos?
Rianxo leva 32 anos gobernado polo Partido Socialista, e iso supera ó desgaste dun goberno chegando ata o abandono do que o pobo é víctima nestes momentos. Comercios pechando, e xuventude escapando, polígono industrial baleiro e 6 millóns de débeda.


Eu non creo que sexa necesario chamar á participación desta vez, nin chamar ó cambio, porque é evidente que o vai haber.

Pouco podo dicir de Carlos Gey como candidato, pero moito podo dicir sobre o desgaste do Partido Socialista, iso é evidente para todas as persoas de Rianxo. NON digo que todo o que se fixo durante as lexislaturas de Pedro Piñeiro fose malo. Todo o contrario. Pero penso que a situación dende esta derradeira lexislatura é límite. O PSdG-PSOE en Rianxo debería facer oposición canto menos unha lexislatura para repensarse e renovarse.


(http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/05/09/0003_201105C9C3993.htm?idioma=galego)

No hay comentarios:

Publicar un comentario