lunes, 9 de mayo de 2011

Eleccións á vista. Adolfo Muiños.

Adolfo Muiños candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG fixo a semana pasada unha entrevista a un veciño blogueiro.
A entrevista en sí ó meu parecer (sempre ó meu parecer) sigueu o discurso que debía seguir todo bo discurso:

- Mostra de preocupación polo pobo.
- Deixa a ventá aberta a un pacto cos socialistas
- Fala mal sobre o peor inimigo de todas e todos (o Partido Popular).
- E finalmente, como liña estratéxica repetidamente marcada chama ó cambio.

O BNG rianxeiro di que busca o cambio, que quere transparencia, pero a min segue habendo cousas que non me encaixan. Hai algo que me di que non me fíe, que as cousas non son tan bonitas. Quizais sexa que a transparencia non surxe unha vez acadado o poder, quizais sexa que nunca vin un movemento de oposición a "dictadura socialista de 32 anos" activo e mobilizado. Pode ser que como peca ás veces o bando nacionalista que tenta achegarse á xente, si, pero só a xente coa que comparte ideais. E aquí non todas os compartimos. Aquí as persoas o que queren é vivir tranquilas nun pobo no que naceron e saben que van morrer.
Di o candidato nacionalista que o programa do Partido Popular é oscuro e segredo, que ninguén o coñece. Eu non creo que sexa cousa de programa, máis ben, sen coñecer ningún dos tres podo deducir o que di cada un deles, e os tres dirán o mesmo. Rianxo ten as mesmas necesidades mírese como se mire.
En definitiva Adolfo Muiños resúltame un candidato carismático, e é obvio que desexa a alcaldía, pero eu teño as miñas dúbidas de se é a persoa axeitada pra sacar a Rianxo da crise na que se atopa.

Non se sabe o que pasará este 22 de Maio en Rianxo, pero pase o que pase vaise producir un cambio, iso non fai falla marcalo como liña estratéxica pra sabelo.

2 comentarios:

  1. Que orgullo para o Bloque que a túa primeira entrada sexa para el.. aínda que sexa dando caña.

    Agardo a mesma severidade para con os demais.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns por acceder á lectura da entrevista e tamén por animarte a analizar desde a rede na túa bitácora o seu contido. Fai falta que haxa xente que discuta de política tamén en Rianxo, aínda que sexa para discrepar, neste caso, nosa, do BNG. Un saúdo e a seguir enchendo esta Bitácora Espontánea. Adolfo Muíños

    ResponderEliminar