lunes, 9 de mayo de 2011

Inauguración.

Non resulta tan importante a inauguración deste blog, como puido supoñer para min o meu faiado. Simplemente cumpría comezar a falar de cousas serias, de cousas sobre as que me apeteza escribir que non sexan recordos, contos ou sentimentos. Toca comezar a falar do demais, do que tamén importa.

Benvidos seredes os que por aquí pasedes. Como sempre digo, non esperedes ver nada bo, máis ben todo o contrario. Pero mesmo se así é, aquí vos dou unha oportunidade máis pra que me lancedes cacerolos e tomates se fixese falta. Limitareime a pensar en alto, que a veces parece que se me da ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario